miércoles, 4 de agosto de 2010

ABERTO DE MORAÑA

Foi moita a xente que se acercou asta Moraña o seu 1º aberto de billarda; desde O PINO, SANXENXO, MARIN etc. Despois de intercambiar maneiras de xogar entre os maiores e a xente da LNB dou comenzo o 1º aberto. Como ven acontecendo Xosé Rodiño tibo outra vez o seu dia e gañoulle na final a Luis que viña dende Marin, o cual non lle dou moitas occions.














No 1º aberto de billarda de Moraña, os seus maiores ensinaronos como xogaban eles a billarda, tamen nos ensinaron como as facian coa macheta posto que cando eran rapaces era a sua unica ferramenta. Segun nos explicaban collian unha pola e facian o palan e a billarda ou pincha como eles lle chamaban, e ian xogando polo camiño ou cando chegaban o monte coas bacas buscaban un sitio, non tiñan problemas de lonxitude posto quenon habia limites.


Aberto de Moraña

- ABERTO DE MORAÑA: Os irmáns da Asocición o Petouto confirman para iste serán de sábado un espectacular cartaz de festexos que se desenrolarán na Carballeira de Santa Xusta de Moraña , 17 h>> obradoiro de Pinchas e ás 16 Aberto de Billarda que rematará cunha espectacular merenda cea de irmandade entre os participantes, se habitás ou transitas pola zona non dubides en pasarte pola carballeira de Santa Xusta , porque é de xustiza botarlle unha man ós irmáns do Petotouto que dán o paso das verbas ós feitos pondo en marcha iste poderoso Aberto de Billarda que sitúa a Moraña coma un poro máis no coiro da serpe multicor da LNB. Contacto directo>>699289351 /evalaxe@gmail.com